ESTÁS EN : Portada | Novas
Novas
Emitidas dende a concellería de Educación
29
set
Actividades didácticas no marco a partir de outubro
Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios
O departamento educativo do MARCO iniciará a súa programación didáctica do outono en torno ao 20 de outubro centrándose na exposición "Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz". Esta exposición que se inaugura o 14 de outubro na planta baixa, está comisariada por Rosario Sarmiento e formúlase como revisión da mostra titulada "A arte inexistente", realizada en 1995 no Auditorio de Galicia, e reúne obras de artistas mulleres do século XX en Galicia.
O horario das actividades para escolares é de martes a venres, e 11.00 a 12.15 (1ª quenda) e de 12.15 a 13.30 (2ª quenda). O prezo estipulado para o grupo completo é de 2€/grupo.
Para facer efectiva a reserva necesitan os seguintes datos
Nome do centro:
Persoa de contacto:
Mail e telefono de contacto
Número escolares e docentes acompañantes:
Curso escolar/idades:
Quenda de preferencia (ata un máximo de 50 escolares aprox. por quenda):
Data (día e hora):
Máis información en http://www.marcovigo.com/es/didactica
Comentarios desactivados
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal