Imos de excursión
A biblioteca “Xosé Neira Vilas” é unha biblioteca pública, e como tal ten por obxectivo ser un centro de comunicación, información e promoción lectora da comunidade.
A a comunidade educativa ten unha forte presenza na realidade social na que se asenta a biblioteca, e xoga ademais un importante papel na formación de hábitos lectores e de busca de información nos rapaces dende idades temperás, de aí o interese por establecer unha colaboración entre a escola e a biblioteca, que poden complementarse nas súas atribucións.
Cos programas escolares preténdese que tanto o alumnado como o profesorado se acheguen ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, que permita, dun lado, que o alumnado que participe nas vistas ao centro valore a biblioteca como un lugar de formación á vez que de lecer, e doutro, que o profesorado que o acompañe descubra neste espazo un lugar onde poder atopar recursos educativos útiles para facilitar o desenvolvemento do seu traballo. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, as persoas participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar o seu tempo de ocio.
Para facer este achegamento máis ameno e atractivo, partiremos dun tema concreto que sirva de fío condutor á visita. Neste caso, e ao longo deste curso escolar, as visitas xirarán ao redor dos contos clásicos e populares, os seus personaxes, as súas tramas, etc.
Os contidos de cada visita e as actividades a realizar estarán sempre adaptados ao nivel educativo dos participantes.
Onde está
DESTINATARIOS/AS
Ed. Infantil e Ed. Primaria
ENDEREZOS
Avda. Martínez Garrido, 21
36205 Vigo
Tel - 986 26 77 59
HORARIOS
Mañás: Martes a sábado
de 10:30 a 14:00h
Tardes: Luns a venres
de 17:00 a 20:30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro: Apertura de tarde ás 18:00h
CONTACTO / EMAIL
LIGAZÓNS
INFORMACIÓN ADICIONAL
As visitas escolares realízanse fóra do horario de apertura. Comezan ás 9.45h e teñen unha duración de 60 minutos.
Persoal da biblioteca especializado no traballo con poboación infantil guiará a visita.
Poden descargar nestes enlaces toda a información referente aos programas escolares do curso 2014/2015 para os centros de ensino
cultura
economía e
empresa
patrimonio
equipamentos
públicos
medio
ambiente
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal