Imos de excursión
ESTÁS EN : Visitas Suxeridas | Medio Ambiente | Laboratorio Municipal
O obxectivo desta visita é dar a coñecer o labor que realiza este servizo municipal de cara a velar pola saúde dos vigueses, mediante as análises químicas e microbiolóxicas das augas e alimentos no noso termo municipal. Os alumnos e alumnas coñecerán asemade o importante traballo que o Parque de Desinfección exerce no control de pragas urbanas na cidade, as coñecidas D.D.D, (Desratización, Desinsectación e Desinfección).
Durante a visita poderá coñecerse a área de físico – química e área de microbioloxía. A visita tamén pode centralizarse nun percorrido pola exposición-museo de pezas e curiosidades que o Laboratorio foi recopilando a través de máis de un século de historia.
Onde está
DESTINATARIOS/AS
ENDEREZOS
HORARIOS
Luns a venres de 8.00h a 15.00h
CONTACTO / EMAIL
INFORMACIÓN ADICIONAL
As visitas realizaranse preferentemente os venres, cun máximo de 30 alumnos e cunha duración aproximada de 1 hora, entre as 10:00h. e as 12:00h. Estas están dirixidas aos centros educativos en xeral, si ben terán preferencia os alumnos de universidade, bacharelato ou de formación profesional naquelas ramas relacionadas coas actividades do Laboratorio, (análise e control, química ambiental, laboratorio, etc). Para solicitar a visita é preciso descargar, encher e remitir ao laboratorio o seguinte formulario debidamente cuberto:
Formulario Solicitude (PDF - GL)
Ademais, dentro do programa “Coñece ao teu Concello” inclúese unha breve visita ao laboratorio municipal.
cultura
economía e
empresa
patrimonio
equipamentos
públicos
medio
ambiente
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal