Imos de excursión
Naturnova é un Centro Interactivo de Educación Ambiental no que o visitante pode descubrir como é o mundo que nos rodea e o importante que é coidalo e conservalo. A través de 40 módulos interactivos e un simulador de submarino pode xogar, explorar, manipular, ulir, escoitar e descubrir doadamente a información das 3 salas en que está distribuído: o universo, o noso planeta e o ser humano e o seu medio. Nelas pódese viaxar ao fondo da ría, ver o sistema solar en movemento, escoitar unha tormenta, observar Galicia dende o aire, experimentar a formación dun tornado ou comprobar como se move un tren grazas á enerxía solar.
O obxectivo da visita é espertar as conciencias no respecto ao medio e así contribuír a un modelo de desenvolvemento sostible que perdure e garanta o benestar de futuras xeracións de cidadáns.
Onde está
DESTINATARIOS/AS
Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, Universidade
ENDEREZOS
Velázquez Moreno 18-20
36202 Vigo
(Sede Afundación Vigo)
Tel - 986120088
Tel - 986120089
HORARIOS
Visitas concertadas de martes a venres, previa reserva. Adáptase o horario aos centros educativos.
CONTACTO / EMAIL
LIGAZÓNS
INFORMACIÓN ADICIONAL
Educadores propios
Accesibilidade para persoas con discapacidade física.
Módulos adaptados a persoas con discapacidade sensorial.
Combinación con outras actividades culturais no mesmo edificio da Sede Afundación Vigo.
Poden consultar o programa educativo do curso actual e os materiais didácticos en www.naturnova.afundacion.org
As visitas poden concertarse dende a web escolares.afundacion.org
cultura
economía e
empresa
patrimonio
equipamentos
públicos
medio
ambiente
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal