ESTÁS EN : Portada | Novas
de Vigo Educa
Coñece o teu concello
Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios
12
mai
O programa “COÑECE O TEU CONCELLO” ten como obxectivo achegar os escolares á administración municipal dando a coñecer a estrutura, funcións e competencias do Concello de Vigo e reflexionando sobre o papel e a eficacia das administracións na garantía dos servizos públicos.
O Concello convértese así en ferramenta didáctica fundamental, en recurso pedagóxico transversal para a comunidade escolar que contribúe a que o alumnado entenda o funcionamento do noso sistema democrático e de representación.
O participantes, escolares de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria, terán oportunidade de descubrir o Concello desde dentro, o que lles permitirá coñecelo para entender o espazo, onde diariamente se toman decisións que afectan á nosa vida diaria e ao noso futuro. Só coñecendo os elementos que constitúen e dotan a entidade, será posible que os alumnos e alumnas, cidadáns do futuro, sexan quen de comprender a importancia da institución.
Comentarios desactivados
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal