ESTÁS EN : Portada | Novas
de Vigo Educa
10
nov
‘E TI, QUE RECORDAS?’ programa para escolares do Museo MARCO en torno á exposición ‘PRODUCIÓNS E PROCESOS NA COLECCIÓN DKV’
Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios
O departamento educativo do MARCO ten preparado un conxunto de actividades (visitas + obradoiros) en torno á exposición titulada ‘PRODUCIÓNS E PROCESOS NA COLECCIÓN DKV’, que ocupa as salas da planta baixa dende o 16 de outubro de 2015 ata o 24 de xaneiro de 2016.
Esta exposición é froito da colaboración entre a compañía DKV Seguros e o MARCO de Vigo, e reúne un conxunto de obras de 11 artistas, en múltiples formatos e soportes, distribuídas nas salas da planta baixa do MARCO. As obras de Misha Bies Golas e Patricia Dauder son resultado de dúas bolsas de produción convocadas con motivo desta mostra. As propostas dos outros nove artistas —Rosalía Banet, Mira Bernabeu, David Ferrando Giraut, Alex Francés, Martín Freire, Karlos Gil, Núria Güell, Alicia Kopf, Eulàlia Valldosera— pertencentes á colección DKV, son á súa vez resultado de programas de bolsas de produción e premios de adquisición convocados por DKV Seguros entre os anos 2011 e 2015.
‘E TI, QUE RECORDAS?’ é o nome xenérico do programa para escolares que se desenvolve en paralelo a esta mostra, sacando partido do contacto directo coas obras en salas, e das múltiples posibilidades educativas que ofrece esta exposición. Todas as actividades están especialmente adaptadas ás idades dos participantes, con propostas diferenciadas para os grupos de infantil, primaria e secundaria/bacharelato.
PVP: 2€ polo grupo completo.
Descargar guía didáctica para Ed. Infantil (PDF)
Descargar guía didáctica de Ed. Primaria (PDF)
Comentarios desactivados
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal