Imos de excursión
ESTÁS EN : Visitas Suxeridas | Patrimonio | Roteiro - Área etnoarqueolóxica de Saiáns
DESTINATARIOS/AS
3º ciclo de Ed. Primaria e Ed. Secundaria
ENDEREZOS
Saiáns
36392 Vigo
Saiáns é unha pequena parroquia costeira de 1,82Km2 no extremo sur-occidental do concello, que linda con Nigrán polo sur e coa parroquia de Oia polo norte. Conta, segundo o último censo, con 3.814 habitantes. Aínda que con cotas non tan altas coma as doutras parroquias, o dominio visual sobre o sur da ría dende o monte do Castro de Estea, duns 170m de altura, e dende o monte de Cabezo de Saiáns, 395m, é completo.
No ROTEIRO ETNOARQUEOLÓXICO DE ESTEA-CAL DE OUTEIRO atoparemos exemplos de todo tipo da riqueza patrimonial dos montes de Saiáns: desde asentamentos prehistóricos ao aire libre e antigos castros até minas de auga ou muíños de río do século XIX.
No ROTEIRO PANORÁMICO DE ARTE RUPESTRE podemos admirar catro mostras da nosa arte rupestre, desde o Parque Forestal de Saiáns, ascendendo polas pistas até o Alto da Bandeira, contando ademais cunha ampla panorámica sobre a bocana da ría de Vigo
INFORMACIÓN ADICIONAL
Esta visita non conta con monitoraxe propio. Poden descargar información sobre o roteiro nos seguintes enlaces.
Materiais didácticos
Onde está
cultura
economía e
empresa
patrimonio
equipamentos
públicos
medio
ambiente
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal