Imos de excursión
ESTÁS EN : Visitas Suxeridas | Patrimonio | Roteiro - Área etnoarqueolóxica de Zamáns
DESTINATARIOS/AS
3º ciclo de Ed. Primaria e
Ed. Secundaria
ENDEREZOS
Parroquia de Zamáns
Vigo
A parroquia de Zamáns, situada no sur do concello, aos pés dos montes do Galiñeiro, recibe o seu nome do río que a cruza. Coas cotas máis altas de todo o val do Fragoso, con 705 metros de altura, linda polo norte coas parroquias de Valadares, Beade e Bembrive, e cos concellos de Mos, o Porriño e Gondomar polo leste e sur. Segundo os datos dos censos recentes é a parroquia con menos habitantes de Vigo, con 761 veciños e veciñas.
No CONXUNTO ARQUEOLÓXICO DO CAMPUS UNIVERSITARIO, nos planaltos de Zamáns que limitan con Bembrive e o concello de Mos, atopamos diversos cemiterios de época megalítica, como son o caso dos grupos do Alto de San Cosme, Beiras Longa ou a Sobreira.
No ROTEIRO ETNOGRÁFICO DOS MUIÑOS DE ZAMÁNS, no contorno do río Vilaza, atopamos un valioso legado etnográfico que garda unha estreita relación coa auga: un conxunto de muíños con dúas pontellas e un vello lavadoiro, na actualidade parcialmente mergullado baixo as augas do encoro, desde que se inaugurou a mediados do século pasado.
INFORMACIÓN ADICIONAL
Esta visita non conta con monitoraxe propio. Poden descargar información sobre o roteiro nos seguintes enlaces.
Materiais didácticos
Onde está
cultura
economía e
empresa
patrimonio
equipamentos
públicos
medio
ambiente
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal