ESTÁS EN :  Inicio  |  Presentación   |  Saúda do Concelleiro

BENVIDOS/AS A VIGO EDUCA

Saúda do Concelleiro de Educación

Prezado/a Director/a:

Pola presente comunicámoslle que unha vez que están a mellorar as limitacións que afectaron ao desenvolvemento das actividades complementarias como consecuencia da críse sanitaria xerada polo Covid-19 e unha vez resolto o novo proceso de licitación do programa educativo municipal "VIGO EDUCA"; xa está disponible a partires do vindeiro 01/Novembro/2021 a posibilidade de solicitar para o actual curso lectivo escolar 2021-2022 o transporte dos desprazamentos escolares gratuitos no marco da citada iniciativa didáctica municipal.

 

Mediante o programa "VIGO EDUCA", a actual empresa adxudicataria "AUTOS ESTÉVEZ AVIÓN, S.L.", que garante o cumprimento do protocolo de prevención fronte á Covid-19 no transporte de escolares, presta en xornada lectiva matinal os desprazamentos gratuitos a itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

 

No marco deste programa de utilización didáctica da cidade e determinado polo servizo municipal de educación, a cada centro de ensino atendendo primordialmente a criterios de proporcionalidade segundo a matrícula oficial e a cuestións internas de índole organizativa, lle foi asignado un crédito inicial dun número determinado de desprazamentos en autobuses de 55 prazas máximas prefixadas e que reunen as condiqións estipuladas pola lexislación vixente para o transporte escolar, que os centros de ensino solicitantes poderán ir consumindo e desenvolvendo ao longo do curso lectivo escolar 2021-2022.

 

Con esta finalidade achegámoslle, todas aquelas cuestións referentes ao sistema de solicitude dos autobuses para as distintas visitas didácticas á cidade de Vigo, cuxa xestión e programación previa corresponde a cada un dos centros de ensino da nosa cidade. Lembrámoslle que é importante, para a correcta xestión do calendario de desprazamentos escolares do programa, seguir as indicacións que figuran no seguinte portal web específico do programa https://vigoeduca.vigo.org

 

Agradecendo de antemán a colaboración e implicación activa de todos os sectores da comunidade educativa, para acadar contornas escolares saudables e seguras, e agardando que este programa municipal resulte de interese e utilidade para a comunidade educativa, reciban un cordial saúdo.

 

Vigo, a 21 de Outubro de 2021

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email ofi.educacion@vigo.org

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal