Imos de excursión
ESTÁS EN : Visitas Suxeridas | Equipamentos públicos | VITRASA
DESTINATARIOS/AS
Alumnos/as de 3º e 4º de primaria.
ENDEREZOS
Ctra. de Camposancos 36
36213 Vigo
Tel - 986 441 570
CONTACTO / EMAIL
Estela Vieitez
VITRASA, comeza a súa actividade no ano 1.968, como empresa de servizos de transporte público de viaxeiros na cidade de Vigo. Actualmente dispón dunha frota de 116 autobuses informatizados, que cobren un total de 27 liñas permitindo a comunicación entre os principais barrios e parroquias do Concello.
O obxectivo destas visitas consiste en que os rapaces coñezan máis en profundidade o funcionamento desta rede de transporte público. En 2013 preto de 1.600 nenos de 40 colexios participaron nesta iniciativa.
Onde está
LIGAZÓNS
INFORMACIÓN ADICIONAL
As visitas comezan despois de Semana Santa até o mes de maio incluído. Establécense dúas saídas a escoller polo centro, en horario de mañá (09:15 ou 11:30 horas).
Para o desprazamento ás instalacións, ponse a disposición dos interesados un autobús que se achegará ata o centro escolar para recoller aos rapaces e aos seus acompañantes e que, ao remate da visita, os levará de regreso.
Tanto o percorrido até as instalacións de Vitrasa como a visita posterior estarán guiados por persoal da empresa, que explica de xeito ameno e divertido as claves do funcionamento do transporte público na cidade.
Cada centro escolar poderá facer un máximo de dúas visitas, nun mesmo día ou ben en días distintos, cun máximo de 25 rapaces en cada visita. Por motivos de dispoñibilidade, á hora de concertar as visitas darase prioridade a aqueles grupos de alumnos que non visitaron as instalacións de Vitrasa durante o ano anterior.
Material didáctivo
Vitrasa fai entrega aos rapaces dunhas unidades didácticas con información sobre o transporte público.
cultura
economía e
empresa
patrimonio
equipamentos
públicos
medio
ambiente
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo
TELF 986 81 01 81
FAX 986 22 17 26
Email ofi.educacion@vigo.org
© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados | Aviso Legal