Cultura

Mueso da conserva

OO Museo da conserva é un referente do patrimonio industrial de Galicia. Os seus obxectivos son a conservación do patrimonio material e inmaterial relacionado coa historia da industria conserveira en Galicia, o fomento da investigación sobre o mesmo e a súa difusión.
Como centro de documentación especializado na pesca e a súa transformación, conta cun arquivo e unha biblioteca especializada no mar e a súa industria. Entre os seus fondos documentais destacan os seguintes: o da Unión de Fabricantes de Conserva de Galicia e o da empresa conserveira Bernardo Alfageme, S.A.
A colección organízase en función dos fitos que marcaron os inicios e desenvolvemento dos alimentos conservados pola esterilización, os seus fitos tecnolóxicos, científicos e sociais arredor dos procesos produtivos dunha fábrica de conservas. Céntrase na organización laboral nas fábricas, nas relacións laborais e humanas, e no importante papel desempeñado pola muller na industria do mar.
A través da colección ilústranse os aspectos sociolóxicos y culturais da industria conserveira e fai un percorrido polas marcas comerciais y los documentos que amosan a actividade da que forma parte do Patrimonio Industrial de Galicia. Forman parte da exposición os relatos históricos sobre las sagas empresariais, e aspectos comunicativos desta industria como a publicidade (obxectos publicitarios, catálogos, etc.), o deseño de envases, etiquetas, caixas, abrelatas, etc.
XESTIÓN
FUNPROMAR é unha fundación privada sen ánimo de lucro. FUNPROMAR constituíuse baixo o amparo da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados Mariscos (ANFACO) o 30 de Xullo de 2007 e está inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Xustiza, co número 146.

Enderezo
Estrada Colexio Universitario 16
36310, Vigo
Teléfono
986 469 301
Horarios Out-Xuño
Luns - Xoves 9h-18h
Venres 9h - 15h
Horario Xuño - Set
9:00 - 15:00h
Teléfono
986469301
Ligazón
Web

Patronato

. Conservas Antonio Alonso S.A. 

. Conservas Del Noroeste S.A

. Conservas Cerqueira, S.A.

. Hijos de Carlos Albo, S.L.U.

. Conservas Antonio Pérez Lafuentes, S.A.

. Calvo Conservas, S.L.U.

. Frinsa del Noroeste,S.A.

. Justo Lóepz Valcárcel, S.A.

Conservas Rianxeira, S.A.U.

. ORBE, S.A.

. ESCURÍS, S.A.

. Anfaco-Cecopesca

 Conservas Fiscos, S.A.

. Ignacio González Montes, S.A.

. Bolton Food, S.L.

. ACTEMSA, S.A.

. Uubago Group Mare, S.L.

. Salica Industria Alimentaria, S.A.

Vídeo

Información adicional

Consulte a información adicional sobre esta actividade. Lembre que é necesario concertar as reservas directamente. Esta web só facilita a reserva do transporte, pero non do espazo a visitar.

A colección do museo adáptase á circulación de persoas con mobilidade adaptada e realízanse visitas guiadas para colectivos con diversidade funcional e en risco de exclusión social.

portfolio-single_section_04
Reserva

Por email  museo@anfaco.es

ou no teléfono 986469301

Duración da visita guiada: 45 minutos aproximadamente.

Onde está?