Queremos queteñas todoben clariño

Resolvemos todas as túas dúbidas, se houbese algo máis que queres aclarar podes contactar con nós.

Como funciona o programa

Os destinatarios terán á súa disposición un determinado número de autobuses gratuítos durante o curso escolar para facer saídas educativas que se realizarán no termo municipal de Vigo. Cada Centro Educativo deberá encargarse de xestionar e organizar a saída directamente co equipamento a visitar e coa empresa de transporte adxudicataria

Para que visitas didácticas podo solicitar o autobús?

Pode solicitarse o autobús para facer visitas preferentemente relacionadas coa variada oferta educativa municipal. En todo o caso, o Concello de Vigo ten a capacidade de autorizar ou denegar o desprazamento escolar solicitado se non cumpre a condición anteriormente citada.

Quen pode participar neste programa?

Como norma xeral alumnado do 2º Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

 

Alumnado de centros públicos e privados concertados, ubicados no termo municipal de Vigo, con idade comprendida entre os 3-18 anos de idade e alumnado con necesidades educativas especiais (NEE), correspondentes aos niveis educativos do 2º Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. Excepcionalmente poderá participar alumnado do 1º Ciclo de Educación Infantil da Rede de Escolas Infantís Municipais e das Escolas 0-3 anos promovidas polo Goberno Autonómico, que cumpra tres anos durante o ano natural que acontece o desenvolvemento da visita didáctica.

Ten algún custe para o centro ou almunado?

Non, os desprazamentos son gratuítos.

Como podo contratar o transporte?

Dende o formulario de solicitude, por email ou por teléfono.

Cando podo solicitar o servizo de autobuses?

Os desprazamentos escolares para o curso escolar 2023-2024, terán o seu inicio dende o vindeiro 19 de setembro de 2022 e finalizarán o 21 de xuño de 2024, polo que os centros solicitantes xa poden contactar por calquera dos medios anteriormente expostos coa empresa “Autocares Estévez Avión, S.L.”, coa finalidade da xestión consensuada do calendario de desprazamentos a itinerarios didácticos libremente escollidos polos centros educativos solicitantes. Por cuestións de loxística organizativa, cómpre que cada centro determine un interlocutor/a ou coordinador/a válido coa empresa adxudicataria. A comunicación e confirmación con antelación suficiente aos responsables dos centros participantes, do calendario finalmente asignado, será obrigatoria por parte da empresa adxudicataria

 

Que horario dispomos para facer a saída?

Con carácter xeral desde as 10.00h ata as 13:00h.

As viaxes de ida partindo dos centros educativos participantes ata o punto da cidade onde teña lugar a visita didáctica a desenvolver, e nas viaxes de volta co seu regreso dende o mesmo punto ata o centro educativo, realizaranse obrigatoriamente con carácter xeral entre as 10:00 e as 13:00 hs, agás excepcionalmente aquelas visitas que pola súa complexidade ou por necesidades de programación requiran maior tempo de duración, sempre dentro da franxa horaria de 09,30 ás 13,30 hs. En todo caso, o horario de recollida e da prestación do servizo deberá ser consensuado con carácter previo entre o centro educativo solicitante e a empresa “Autocares Estévez Avión S.L.”, que será a responsable última da fixación e elaboración do calendario de desprazamentos, así como da solución de calquera incidencia que se poida producir na realización das viaxes.