Equipamentos municipais

Visita o teu Concello

“Visita o teu Concello” é unha iniciativa didáctica que promove o Servizo Municipal de Educación para escolares de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO dos centros escolares de Vigo.
. O obxectivo desta actividade é achegar dun xeito didáctico aos escolares á administración municipal da nosa cidade, dando a coñecer a estrutura, funcións e competencias do Concello de Vigo e reflexionando sobre o papel e a eficacia das administracións locais como garantes dos servizos públicos.
Durante esta visita está previsto percorrer algúns dos servizos municipais con máis interese para os escolares, explicando o funcionamento de cada un deles e dando a posibilidade, se é factible, de participar activamente nalgún deles mediante algún xogo ou actividade práctica. En función da disponibilidade puntual dos servizos e atendendo as súas necesidades, a proposta didáctica a visitar sería semellante ao seguinte:
• A lonxa e o concepto de ventá administrativa única para o cidadán (Pranta baixa). • Auditorio Municipal “Cidade de Vigo”. • Dependencias do Gabinete da Alcaldía. • Sala de xuntanzas da Xunta de Goberno Local. • Salón de Plenos da Corporación Municipal. • Sala de control de tráfego. • Laboratorio Municipal. • Escola de Danza Municipal. • Sala de prensa.
Destinado a
1º, 2º ESO
5º e 6º primaria
Enderezo
Praza do Rei s/n. 36201 Vigo Tel - 986 810 181
Horario
De luns a venres de 10.00 a 12.00
Contacto
Email

Información adicional

Consulte a información adicional sobre esta actividade. Lembre que é necesario concertar as reservas directamente. Esta web só facilita a reserva do transporte, pero non do espazo a visitar.

portfolio-single_section_04
Reservas

Para solicitar esta visita deben cubrir o seguinte formulario e remitilo ao enderezo electrónico indicado:

Descargar formulario

portfolio-single_section_05
Programa

Poden descargar a información completa sobre  o programa aquí

Ver documento (PDF)

portfolio-single_section_06
Enquisa

Enquisa de valoración da participación no programa "Visita o teu Concello"

> Enquisa

Onde está?