Medio Ambiente

Centro de Educación Ambiental NATURNOVA

Naturnova é un Centro Interactivo de Educación Ambiental no que o visitante pode descubrir como é o mundo que nos rodea e o importante que é coidalo e conservalo. A través de 40 módulos interactivos e un simulador de submarino pode xogar, explorar, manipular, ulir, escoitar e descubrir doadamente a información das 3 salas en que está distribuído: o universo, o noso planeta e o ser humano e o seu medio. Nelas pódese viaxar ao fondo da ría, ver o sistema solar en movemento, escoitar unha tormenta, observar Galicia dende o aire, experimentar a formación dun tornado ou comprobar como se move un tren grazas á enerxía solar.

O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos rodea e a difusión da súa importancia, co fin de que aprendamos a valoralo, respectalo e querelo. Ninguén quere aquilo que descoñece.

Permite ao visitante, a través de módulos interactivos, explorar moitos e variados temas dunha forma activa e lúdica. A información preséntase mediante imaxes virtuais, obxectos, cheiros, recreación de ambientes, mapas… Todo iso axuda a descubrir facilmente o noso mundo desde o global, ata o máis próximo a nós.

O percorrido comeza cunha visión do Universo, a nosa galaxia e o sistema solar para introducirnos, a continuación, no noso planeta. Del coñeceremos todos os elementos que condicionan a vida (o solo, a auga, o aire…) e tamén aos seres vivos cos que compartimos o noso espazo. Finaliza coa relación do ser humano co medio: como utiliza os recursos, como afecta a contorna ao usalos, e como, actualmente, trata de solucionar os problemas que ten creado.
Dirixido a
Todas as etapas
Enderezo
Velázquez Moreno 18-20 36202 Vigo
Horarios
Mar - Venres
(horario adaptado aos centros)
Teléfono
986 120088
Contacto
Email
Ligazóns
Web

Información adicional

Consulte a información adicional sobre esta actividade. Lembre que é necesario concertar as reservas directamente. Esta web só facilita a reserva do transporte, pero non do espazo a visitar.

portfolio-single_section_04
Reserva

Reservas na web  
Teléfono: 986 120088
naturnova@afundacion.org

Prezos 2€ escolar

portfolio-single_section_05
Guías

Existen unidades didácticas que os alumnos poderán traballar na clase ou na casa. Estes son algún dos contidos para o curso 2023-2024

Ligazón externa

portfolio-single_section_06
Programa

Existen diversos programas.

Consultar a axenda escolar 23-24

Onde está?