Cultura

MARCO – Museo de Arte Contemporánea de Vigo

O MARCO funciona como centro de arte contemporánea dinámico e participativo. A súa actividade principal son as exposicións temporais dedicadas á produción artística recente nos máis variados eidos creativos. O programa educativo desenvólvese en paralelo ás mostras temporais, sacando partido das posibilidades didácticas das obras presentes en salas.
A experiencia consiste nun percorrido polas salas de exposición, e unha actividade-obradoiro relacionada, que se leva a cabo na sala de Didáctica (Espazo Anexo) situada na praza peonil posterior. Tanto a visita como o obradoiro están especialmente adaptados aos distintos grupos, con contidos diferenciados para cada grupo de idade.
Destinatado a
Todas as etapas
Enderezos
Rúa do Príncipe 54 36202 Vigo
Teléfono
986 113 904
Horario
Mar, Mer, Xov, Ven: 10 -11:20h
11:30 - 13:00

Información adicional

Consulte a información adicional sobre esta actividade. Lembre que é necesario concertar as reservas directamente. Esta web só facilita a reserva do transporte, pero non do espazo a visitar.

portfolio-single_section_04
Reserva

A participación e gratuíta e os grupos están limitados a 20/25 participantes.

En caso de grupos máis numerosos, dividímolos e alternamos a visita+obradoiro, adaptándonos na medida do posible ás vosas necesidades.

Para participar, é necesaria reserva a través deste mesmo email comunicacion@marcovigo.com ou o de taquilla recepcion@marcovigo.com, cos datos básicos:

NOME DO CENTRO
Persoa de contacto (email + tfno)
Nº participantes
Cursos
Idades




portfolio-single_section_06
Materiais

A temática das visitas adáptase en función da exposición temporal. Neste enlace atoparán a información actualizada do departamento de didáctica do MARCO

Ligazón externa

 

Onde está?