Mueso da conserva
OO Museo da conserva é un referente do patrimonio industrial de Galicia. Os seus obxectivos son a conservación do patrimonio material e inmaterial relacionado coa historia da industria conserveira en Galicia, o fomento da investigación sobre o mesmo e a súa difusión.
Como centro de documentación especializado na pesca e a súa transformación, conta cun arquivo e unha biblioteca especializada no mar e a súa industria. Entre os seus fondos documentais destacan os seguintes: o da Unión de Fabricantes de Conserva de Galicia e o da empresa conserveira Bernardo Alfageme, S.A.
A colección organízase en función dos fitos que marcaron os inicios e desenvolvemento dos alimentos conservados pola esterilización, os seus fitos tecnolóxicos, científicos e sociais arredor dos procesos produtivos dunha fábrica de conservas. Céntrase na organización laboral nas fábricas, nas relacións laborais e humanas, e no importante papel desempeñado pola muller na industria do mar.
A través da colección ilústranse os aspectos sociolóxicos y culturais da industria conserveira e fai un percorrido polas marcas comerciais y los documentos que amosan a actividade da que forma parte do Patrimonio Industrial de Galicia. Forman parte da exposición os relatos históricos sobre las sagas empresariais, e aspectos comunicativos desta industria como a publicidade (obxectos publicitarios, catálogos, etc.), o deseño de envases, etiquetas, caixas, abrelatas, etc.
FUNPROMAR é unha fundación privada sen ánimo de lucro.
FUNPROMAR constituíuse baixo o amparo da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados Mariscos (ANFACO) o 30 de Xullo de 2007 e está inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Xustiza, co número 146.
Enderezo
Estrada Colexio Universitario 1636310, Vigo
Teléfono
986 469 301Horarios Out-Xuño
Luns - Xoves 9h-18hVenres 9h - 15h