Equipamentos municipaisPatrimonio

Xacemento arqueolóxico de O Castro de Vigo

Na ladeira Oeste do Monte de O Castro, atopamos o Xacemento Arqueolóxico do Castro de Vigo. As escavacións efectuadas ao longo do pasado século permitiron recuperar unhas vinte construcións e numerosas estruturas escavadas na rocha correspondentes a canles, pías, buratos de poste, etc. Os restos escavados son unha pequena parte dun poboado castrexo que se estendería polas abas do monte, habitado entre o século III a.C. e o século III d.C.

Foi abandonado voluntariamente, probablemente polo traslado dos seus habitantes á zona do Areal. Baseándonos na información proporcionada polo xacemento e por outros castros similares, reproducíronse tres edificacións que ilustran un momento inicial da ocupación romana, o cal permiten aos visitantes facerse a compresión acerca de cómo era a organización interna e as estruturas destes poblados galaicos ocupados desde a Idade do Ferro ata ben entrada a Época Romana.
Enderezo
Paseo Cronista Xosé M. Álvarez Blázquez, 16, Freixeiro, 36203 Vigo
Horarios
Horario de Invierno (outubro - xuño): Martes e venres de 11 a 13 horas. Venres e sábado de 16 a 18 horas
Reservas
010 - 986 810 260
Contacto
Email

Visitas Virtuais

Información adicional

Consulte a información adicional sobre esta actividade. Lembre que é necesario concertar as reservas directamente. Esta web só facilita a reserva do transporte, pero non do espazo a visitar.

portfolio-single_section_04
Reserva

Número de Atención Cidadá Vigo 010 ou no teléfono 986 810 260

Acceso gratuíto

about-us_section_03_3
Programa

O Centro conta cun arqueólogo que dirixe a visita.

 

portfolio-single_section_06
Materiais

Pode descargar neste enlacemateriais didácticos sobre o xacemento do Castro de Vigo

 

Onde está?