Conservatorio Sup. de Música de Vigo
Como centro de formación musical, o Conservatorio Superior de Música de Vigo, na súa vocación pedagóxica, sempre se propuxo como un dos seus obxectivos primordiais a tarefa de divulgación musical. Para isto, e grazas ao esforzo dos novos intérpretes que integran cada curso a orquestra sinfónica do Conservatorio, véñense realizando dende fai varios anos no seu auditorio unha serie de concertos didácticos cos que se pretende acercar a enriquecedora e gratificante vivencia da música clásica en directo ó alumnado dos diversos centros de ensinanza primaria e secundaria da cidade.
A experiencia dun concerto sinfónico pode resultar especialmente atractiva e beneficiosa nestas etapas educativas e, se este se plantexa de modo lúdico, cun enfoque ameno e participativo, constitúe unha valiosa ferramenta para a formación do alumnado