• Que é Vigo Educa
  • Visitas
    • 🛖 Equipamentos Municipais
    • Cultura
    • Patrimonio
    • Medioambiente
    • Economía e empresa
    • Visitas Virtuais
  • Solicitar
  • Como participar?
  • Novas
  • Que é Vigo Educa
  • Visitas
    • 🛖 Equipamentos Municipais
    • Cultura
    • Patrimonio
    • Medioambiente
    • Economía e empresa
    • Visitas Virtuais
  • Solicitar
  • Como participar?
  • Novas
  • Que é Vigo Educa
  • Visitas
    • 🛖 Equipamentos Municipais
    • Cultura
    • Patrimonio
    • Medioambiente
    • Economía e empresa
    • Visitas Virtuais
  • Solicitar
  • Como participar?
  • Novas
  • Que é Vigo Educa
  • Visitas
    • 🛖 Equipamentos Municipais
    • Cultura
    • Patrimonio
    • Medioambiente
    • Economía e empresa
    • Visitas Virtuais
  • Solicitar
  • Como participar?
  • Novas
Blog
Inicio Comunicados Comunicado curso escolar 2021-2022
blog_01
Comunicados
18/09/2022 por Concello de Vigo

Comunicado curso escolar 2021-2022

Prezado/a Director/a:

Pola presente comunicámoslle que, co comezo do novo curso escolar 2021-2022, xa está novamente dispoñible a partir do día 19 de setembro a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares gratuítos no marco do programa educativo municipal “VIGO EDUCA”

Mediante o programa “VIGO EDUCA”, a actual empresa adxudicataria “AUTOS ESTÉVEZ AVIÓN, S.L.”, que garante o cumprimento do protocolo de prevención fronte á Covid-19 no transporte de escolares, presta en xornada lectiva matinal os desprazamentos gratuítos a itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

No marco deste programa de utilización didáctica da cidade e determinado polo servizo municipal de educación, a cada centro de ensino atendendo primordialmente a criterios de proporcionalidade segundo a matrícula oficial e a cuestións internas de índole organizativa, lle foi asignado un crédito inicial dun número determinado de desprazamentos en autobuses de 55 prazas máximas prefixadas e que reúnen as condicións estipuladas pola lexislación vixente para o transporte escolar, que os centros de ensino solicitantes poderán ir consumindo e desenvolvendo ao longo do curso lectivo escolar 2021-2022.

Con esta finalidade, achegámoslle todas aquelas cuestións referentes ao sistema de solicitude dos autobuses para as distintas visitas didácticas á cidade de Vigo, cuxa xestión e programación previa corresponde a cada un dos centros de ensino da nosa cidade. Lembrámoslle que é importante, para a correcta xestión do calendario de desprazamentos escolares do programa, seguir as indicacións que figuran neste mesmo portal web.

Agradecendo de antemán a colaboración e implicación activa de todos os sectores da comunidade educativa, para acadar contornas escolares saudables e seguras, e agardando que este programa municipal resulte de interese e utilidade para a comunidade educativa, reciba un cordial saúdo.

baby children girls
34
SobreConcello de Vigo
Comunicado curso escolar 2022-2023Comunicado curso escolar 2022-202318/09/2022
Comunicado curso escolar 2023-202419/09/2023Comunicado curso escolar 2023-2024

Related Posts

blog_01
Comunicados
22/01/2025 por Concello de Vigo

Comunicado curso escolar 2024 – 2025

Le máis
blog_01
Comunicados
19/09/2023 por Concello de Vigo

Comunicado curso escolar 2023-2024

Le máis
Artigos recentes
  • Comunicado curso escolar 2024 – 2025
  • Comunicado curso escolar 2023-2024
  • Comunicado curso escolar 2021-2022
  • Comunicado curso escolar 2022-2023
Categorías
  • Comunicados (4)
logo_24bitsm
Utiliza a cidade de Vigo como ferramenta didáctica.
Contacto
contacts_icon_01
Praza do Rei 1 36202, Vigo, Pontevedra
contacts_icon_02
+34 986 810 181
contacts_icon_03
ofi.educacion@vigo.org

2016 – 2025 Concello de Vigo – Algúns dereitos reservados – Aviso Legal