Comunicado curso escolar 2022-2023
Prezado/a Director/a:
Pola presente comunicĂĄmoslle que, co comezo do novo curso escolar 2022-2023, xa estĂĄ novamente dispoñible a partir do dĂa 19 de setembro a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares gratuĂtos no marco do programa educativo municipal âVIGO EDUCAâ
Mediante o programa âVIGO EDUCAâ, a actual empresa adxudicataria âAUTOS ESTĂVEZ AVIĂN, S.L.â, que garante o cumprimento do protocolo de prevenciĂłn fronte ĂĄ Covid-19 no transporte de escolares, presta en xornada lectiva matinal os desprazamentos gratuĂtos a itinerarios e/ou visitas didĂĄcticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educaciĂłn infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educaciĂłn especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos pĂșblicos.
No marco deste programa de utilizaciĂłn didĂĄctica da cidade e determinado polo servizo municipal de educaciĂłn, a cada centro de ensino atendendo primordialmente a criterios de proporcionalidade segundo a matrĂcula oficial e a cuestiĂłns internas de Ăndole organizativa, lle foi asignado un crĂ©dito inicial dun nĂșmero determinado de desprazamentos en autobuses de 55 prazas mĂĄximas prefixadas e que reĂșnen as condiciĂłns estipuladas pola lexislaciĂłn vixente para o transporte escolar, que os centros de ensino solicitantes poderĂĄn ir consumindo e desenvolvendo ao longo do curso lectivo escolar 2022-2023.
Con esta finalidade, achegĂĄmoslle todas aquelas cuestiĂłns referentes ao sistema de solicitude dos autobuses para as distintas visitas didĂĄcticas ĂĄ cidade de Vigo, cuxa xestiĂłn e programaciĂłn previa corresponde a cada un dos centros de ensino da nosa cidade. LembrĂĄmoslle que Ă© importante, para a correcta xestiĂłn do calendario de desprazamentos escolares do programa, seguir as indicaciĂłns que figuran neste mesmo portal web.
Agradecendo de antemĂĄn a colaboraciĂłn e implicaciĂłn activa de todos os sectores da comunidade educativa, para acadar contornas escolares saudables e seguras, e agardando que este programa municipal resulte de interese e utilidade para a comunidade educativa, reciba un cordial saĂșdo.