Patrimonio
Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae”
Neste centro o visitante atopará a única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano. Trátase dun xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.
A exposición ofrece, ademais, a posibilidade de descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto.