Economía e empresaEquipamentos municipais

Mercado Municipal de As Travesas

Mercado especializado en produtos alimentarios, con peixarías, carnizarías, chacinarías, froitarías... onde o cliente e o produto son os protagonistas, onde aínda hai sitio para o trato persoal e a tradición combina coas propostas máis actuais. A actividade ten como finalidade presentar o mercado como un espazo de consumo onde, ademais da posibilidade de encontrar unha gran variedade de produtos frescos e de calidade que nos axudan a manter unha dieta equilibrada, predomina un modelo de comercio de proximidade, con todas as súas vantaxes.
Destinado a
Escolares entre 4 e 9 anos.
Enderezo
Mercado Travesas, rúa Espedrigada 7 36210 Vigo
Horario
De 09.00h a 14.00h

Información adicional

Consulte a información adicional sobre esta actividade. Lembre que é necesario concertar as reservas directamente. Esta web só facilita a reserva do transporte, pero non do espazo a visitar.

portfolio-single_section_04
Reserva

Dispoñemos de persoal propio para facer as visitas.

Horario das visitas mércores de 10:00 a 12:00h.

portfolio-single_section_06
Materiais

Materiais didácticos

Ligazón externa

Onde está?