CulturaEquipamentos municipais

Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas é unha biblioteca pública, e como tal ten por obxectivo ser un centro de comunicación, información e promoción lectora da comunidade.
A comunidade educativa ten unha forte presenza na realidade social na que se asenta a biblioteca, e xoga ademais un importante papel na formación de hábitos lectores e de busca de información nos rapaces dende idades temperás, de aí o interese por establecer unha colaboración entre a escola e a biblioteca, que poden complementarse nas súas atribucións.
Cos programas escolares preténdese que tanto o alumnado como o profesorado se acheguen ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, que permita, dun lado, que o alumnado que participe nas vistas ao centro valore a biblioteca como un lugar de formación á vez que de lecer, e doutro, que o profesorado que o acompañe descubra neste espazo un lugar onde poder atopar recursos educativos útiles para facilitar o desenvolvemento do seu traballo. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, as persoas participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar o seu tempo de ocio.
Para facer este achegamento máis ameno e atractivo, partimos dun tema concreto que sirve de fío condutor á visita e que vai mundando cada curso académico. Unha vez que sabemos como funciona a biblioteca, en cada visita presentaremos aos participantes diversos títulos relacionados coa temática escollida cada curso, achegando unha visión amena e chea dea anécdotas da materia. Todo isto acompañado de actividades participativas que completarán a visita e farán da mesma unha experiencia única.
Os contidos de cada visita e as actividades a realizar estarán sempre adaptados ao nivel educativo dos participantes.
Dirixido a
Ed. Infantil, Primaria, Secundaria
Enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21 36205 Vigo
Teléfono
986 26 77 59
Horarios
Mañás: Martes a sábado de 10:30 a 14:00h Tardes: Luns a venres de 17:00 a 20:30h
Contacto
Email
Ligazóns
Instagam

Información adicional

Consulte a información adicional sobre esta actividade. Lembre que é necesario concertar as reservas directamente. Esta web só facilita a reserva do transporte, pero non do espazo a visitar.

portfolio-single_section_04
Reserva

As visitas escolares realízanse fóra do horario de apertura. Comezan ás 9.45h e teñen unha duración de 60 minutos.

portfolio-single_section_05
Guías

Persoal da biblioteca especializado no traballo con poboación infantil guiará a visita.

portfolio-single_section_06
Programa

Poden descargar nestes enlaces toda a información referente  aos programas escolares para os centros de ensino

Programa escolar  (PDF)

Onde está?