Equipamentos municipaisPatrimonio
Vila Romana de Toralla
Neste xacemento arqueolóxico pode visitarse unha “Vila a Mare” romana de tipoloxía atlántica, que serviu de residencia para unha familia galaico-romana de elevado status entre fins do Século III e inicios o Século V d.n.e.
Trátase dunha residencia unifamiliar dotada, na súa Pars Urbana ou doméstica, de elementos de luxo e prestixio que nos permiten facernos unha idea clara sobre o elevado status socioeconómico do que gozaban os seus propietarios.
Pero estas Villae non só eran grandes e luxosas residencias da elite Galaico-romana do momento, senón que xogan un papel capital na explotación dos recursos económicos do territorio. Así, na súa Pars Rústica ou frumentaria, estas familias ocupábanse da xestión do negocio que lles permitía manter o control sobre os medios de produción.

Destinado a
Ed. Primaria, ESO e BacharelatoEnderezo
Rúa Canido 42Teléfono
010 (Dende Vigo) - 986 810 260Horarios
Mér. e Xov 11 - 13 hDomingo 11:30 - 13:30 h.