Equipamentos municipaisPatrimonio
Xacemento arqueolóxico de O Castro de Vigo
Na ladeira Oeste do Monte de O Castro, atopamos o Xacemento Arqueolóxico do Castro de Vigo. As escavacións efectuadas ao longo do pasado século permitiron recuperar unhas vinte construcións e numerosas estruturas escavadas na rocha correspondentes a canles, pías, buratos de poste, etc. Os restos escavados son unha pequena parte dun poboado castrexo que se estendería polas abas do monte, habitado entre o século III a.C. e o século III d.C.
Foi abandonado voluntariamente, probablemente polo traslado dos seus habitantes á zona do Areal. Baseándonos na información proporcionada polo xacemento e por outros castros similares, reproducíronse tres edificacións que ilustran un momento inicial da ocupación romana, o cal permiten aos visitantes facerse a compresión acerca de cómo era a organización interna e as estruturas destes poblados galaicos ocupados desde a Idade do Ferro ata ben entrada a Época Romana.