Categoría: Comunicados

8-1024×672

Comunicado curso 2025 – 2026

Prezado/a Director/a:
Pola presente comunicámoslle que, co comenzo do novo curso escolar 2025-2026, xa
está novamente disponible a posibilidade de solicitar o transporte dos
desprazamentos escolares gratuitos no marco do programa educativo municipal
“VIGO EDUCA” para o actual curso lectivo escolar.

Mediante o programa “VIGO EDUCA”, a empresa adxudicataria “VIUDA DE J.
DOMÍNGUEZ, S.L.” DO GRUPO MONBÚS, presta en xornada lectiva matinal os
desprazamentos gratuitos a itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de
idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria,
bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do
Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

No desenvolvemento desta edición de “Vigo Educa”, cómpre saliantar como novidade a
incorporación da oferta do Programa Educativo dos Museos da Cidade (Quiñones de
León, Pinacoteca Fernández del Riego, Casa das Artes, Verbum e Casa Galega da
Cultura) con visitas didácticas programadas para achegar ao alumnado desde
Educación Infantil a Bacharelato, á riqueza histórico-cultural da nosa cidade.


No marco deste programa de utilización didáctica da cidade a cada centro de ensino
lle foi asignado un crédito inicial dun número determinado de desprazamentos en
autobuses de 55 prazas
máximas prefixadas e que reunen as condicións estipuladas
pola lexislación vixente para o transporte escolar, que os centros de ensino
solicitantes poderán ir consumindo e desenvolvendo ao longo do curso lectivo
escolar 2025-2026.

Con esta finalidade achegámoslle, todas aquelas cuestións referentes ao sistema de
solicitude dos autobuses
para as distintas visitas didácticas á cidade de Vigo, cuxa
xestión e programación previa corresponde a cada centro educativo. Lembrámoslle que
é importante, para a correcta xestión do calendario de desprazamentos escolares do
programa, seguir as indicacións que figuran neste portal web específico do programa.


Agardando que este programa municipal resulte de interese e utilidade para a
comunidade educativa, reciba un cordial saúdo.

Vigo, a 17 de setembro de 2025
A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN.

– Olga Alonso Suárez

blog_01

Comunicado curso escolar 2024 – 2025

Prezado/a Director/a: Pola presente comunicámoslle que, co comezo do novo curso escolar 2023-2024, xa está novamente dispoñible a partir do día 19 de setembro a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares gratuítos no marco do programa educativo municipal “VIGO EDUCA”

blog_01

Comunicado curso escolar 2023-2024

Prezado/a Director/a: Pola presente comunicámoslle que, co comezo do novo curso escolar 2023-2024, xa está novamente dispoñible a partir do día 19 de setembro a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares gratuítos no marco do programa educativo municipal “VIGO EDUCA”

blog_01

Comunicado curso escolar 2021-2022

Prezado/a Director/a: Pola presente comunicámoslle que, co comezo do novo curso escolar 2021-2022, xa está novamente dispoñible a partir do día 19 de setembro a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares gratuítos no marco do programa educativo municipal “VIGO EDUCA”

blog_01

Comunicado curso escolar 2022-2023

Pola presente comunicámoslle que, co comezo do novo curso escolar 2022-2023, xa está novamente dispoñible a partir do día 19 de setembro a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares gratuítos no marco do programa educativo municipal “VIGO EDUCA”