• Que é Vigo Educa
  • Visitas
    • 🛖 Equipamentos Municipais
    • Cultura
    • Patrimonio
    • Medioambiente
    • Economía e empresa
    • Visitas Virtuais
  • Solicitar
  • Como participar?
  • Novas
  • Que é Vigo Educa
  • Visitas
    • 🛖 Equipamentos Municipais
    • Cultura
    • Patrimonio
    • Medioambiente
    • Economía e empresa
    • Visitas Virtuais
  • Solicitar
  • Como participar?
  • Novas
  • Que é Vigo Educa
  • Visitas
    • 🛖 Equipamentos Municipais
    • Cultura
    • Patrimonio
    • Medioambiente
    • Economía e empresa
    • Visitas Virtuais
  • Solicitar
  • Como participar?
  • Novas
  • Que é Vigo Educa
  • Visitas
    • 🛖 Equipamentos Municipais
    • Cultura
    • Patrimonio
    • Medioambiente
    • Economía e empresa
    • Visitas Virtuais
  • Solicitar
  • Como participar?
  • Novas
Blog
Inicio Comunicados Comunicado curso escolar 2024 – 2025
blog_01
Comunicados
22/01/2025 por Concello de Vigo

Comunicado curso escolar 2024 – 2025

Prezado/a Director/a:

Pola presente comunicámoslle que, unha vez resolta a licitación e asinado o novo contrato para a xestión, organización e desenvolvemento do programa “Vigo Educa”, xa está novamente disponible, a partir do día 13 de xaneiro, a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares gratuitos no marco do programa educativo municipal “VIGO EDUCA” para o actual curso lectivo escolar 2024-2025.

Mediante o programa “VIGO EDUCA”, a nova empresa adxudicataria “VIUDA DE J. DOMÍNGUEZ, S.L.” DO GRUPO MONBÚS, presta en xornada lectiva matinal os desprazamentos gratuitos a itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

No marco deste programa de utilización didáctica da cidade a cada centro de ensino lle foi asignado un crédito inicial dun número determinado de desprazamentos en autobuses de 55 prazas máximas prefixadas e que reunen as condicións estipuladas pola lexislación vixente para o transporte escolar, que os centros de ensino solicitantes poderán ir consumindo e desenvolvendo ao longo do curso lectivo escolar 2024-2025.

Con esta finalidade achegámoslle, todas aquelas cuestións referentes ao sistema de solicitude dos autobuses para as distintas visitas didácticas á cidade de Vigo, cuxa xestión e programación previa corresponde a cada centro educativo. Lembrámoslle que é importante, para a correcta xestión do calendario de desprazamentos escolares do programa, seguir as indicacións que figuran no seguinte portal web específico do programa https://vigoeduca.vigo.org/

Agardando que este programa municipal resulte de interese e utilidade para a comunidade educativa, reciba un cordial saúdo.

En Vigo, Xaneiro de 2025
A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN.
– Olga Alonso Suárez

baby children girls
22
SobreConcello de Vigo
Comunicado curso escolar 2023-2024Comunicado curso escolar 2023-202419/09/2023

Related Posts

blog_01
Comunicados
18/09/2022 por Concello de Vigo

Comunicado curso escolar 2022-2023

Le máis
blog_01
Comunicados
19/09/2023 por Concello de Vigo

Comunicado curso escolar 2023-2024

Le máis
Artigos recentes
  • Comunicado curso escolar 2024 – 2025
  • Comunicado curso escolar 2023-2024
  • Comunicado curso escolar 2021-2022
  • Comunicado curso escolar 2022-2023
Categorías
  • Comunicados (4)
logo_24bitsm
Utiliza a cidade de Vigo como ferramenta didáctica.
Contacto
contacts_icon_01
Praza do Rei 1 36202, Vigo, Pontevedra
contacts_icon_02
+34 986 810 181
contacts_icon_03
ofi.educacion@vigo.org

2016 – 2025 Concello de Vigo – Algúns dereitos reservados – Aviso Legal