Patrimonio
Percorridos pola Arquitectura e Historia da Cidade
A evolución que sofre Vigo dende o núcleo primitivo até a actualidade pode explicarse con claridade a través das transformacións arquitectónicas e urbanísticas. Propóñense catro percorridos que fan referencia a catro fases na construcción da cidade:
Vigo na antigüidade
De vila a cidade (S.XVIII_XIX)
Vigo entre dous séculos (XIX-XX)
Vigo hoxe
Asociados a estes, atoparán catro guías que conteñen textos que o profesorado adaptará ás capacidades dos rapaces, unha serie de cadernos didácticos para escolares sobre historia da arquitectura de Vigo ideado como material de apoio para dar a coñecer a evolución da cidade dende o seu nacemento. Para traballar cos alumnos de Ed. Primaria propóñense cinco fichas de traballo que se corresponden aos diferentes percorridos que se poden facer pola cidade.
Vigo, un mar de lendas
Vigo, 2000 anos de viaxe
Vigo, a cidade hoxe
Vigo, un mar de vida
Xogo: Aprende coa cidade